Charlando coa escritora Ledicia Costas
Hoxe, 21 de maio, os alumnos de 1º ESO recibiron a visita dunha das escritoras de maior éxito no ámbito da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, Ledicia Costas. Esta muller, autora de diversas obras como: «Escarlatina, a cociñeira defunta» (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil), «O corazón de Xúpiter», «Unha estrela no vento» e «A balada dos unicornios», obra co que gañou o «Premio Lazarillo» e da que nos veu falar, conseguiu atrapar aos nosos alumnos nun mundo onde a fantasía e a ciencia van da man.