Fichas para TRES en RAIA con arxila branca
Como actividade de fin de curso o alumnado de 1º da ESO pintaron despois de moldear en arxila branca unhas fichas para o xogo do Tres en Raia. Eleximos o tema da alimentación porque o estabamos dando en lingua galega dentro do proxecto «Guía definitiva de alimentos de tempada para os que queren salvar o planeta».
O taboleiro en goma EVA creáronno na materia de Tecnoloxía e Dixitalización e en Plástica aprenderon a trazar con compás un cadrado e a dividilo en 9 partes iguais. Este foi o mágnífico resultado. As fichas están para comelas!!!
1 ESO, Curso 23/24, Educación Plástica, ESO, Tecnología, Trabajos