A magia da vida
Durante máis dun mes observamos e rexistramos os cambios que aconteceron nun recuncho da aula para investigar o ciclo vital das bolboretas de seda.
Comezamos colocando os ovos dentro dunha caixa con buratos ata que as pequenas eirugas despertaron e saíron da casca. Aos poucos minutos xa estaban comendo follas de moreira!
Cada dous días revisamos os novos nacementos e regalámoslle follas frescas que recollemos no bosque do colexio.
Pouco a pouo, comendo e comendo, as nosas eirugas foron crecendo ata estar preparadas para unha nova etapa: a formación da crisálide na que descansaron e mudaron ata transformarse en bolboretas. Despois de aproximadamente 20 días, as crisálides romperon e delas saíron as bolboretas, que tras fecundarse, puxeron novos ovos para continuar o proceso a primavera vindeira.
Agradecemos a Rodrigo, profe de bioloxía, que nos agasallara cos ovos e polas súas explicacións para coidar de forma axeitada estes insectos.
Pura maxia!
Ciencias, Curso 23/24, Educación Especial, Trabajos, Voz Natura