Cuidando o entorno do colegio
O alumnado da aula Azul colabora co coidado da contorna limpando de refugallos a praia da Posta, que nos recibe á entrada do colexio.
Recolleron cabichas, pequenos plásticos, paus de caramelos, cordas, envoltorios, cachos de redes e vidros desgastados pola salitre.
Nesta ocasión quedaron moi satisfeitos polo traballo pero, sobre todo, por atopar menos lixo no areal.