Bioeconomía do futuro

Os alumnos de 3º e 4º da ESO asistiron a unha charla impartida polo profesor da Universidade de Vigo, Óscar Gonzáolez da Escola de Enxeñería de Forestais sobre Bioeconomía do futuro. Os alumnos aprenderon que a Bioeconomía é un modelo baseado na produción de recursos biolóxicos renovables e a conversión destes recursos en produtos de valor engadido como bioproductos, bioenerxía e biodiversidade. A Biodiversidade traballa co modelo de Economía Circular.

O alumnado comprobou desta maneira que no proxecto de Colecircularidade que estamos levando adiante no colexio, trabállanse conceptos que a día de hoxe estanse investigando nas Universidades e están promovidos pola Unión Europea. 

Esta charla foi unha maneira de facer ver ao alumnado que están traballando e estanse formando en conceptos novidosos a día de hoxe á vez que viron que o concepto de Economía Circular, trabállase en diversos ámbitos como por exemplo, a investigación.

Comparte esto:

3 ESO, 4 ESO, Charla, Ciencias, Curso 22/23, ESO

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023