¡Voltamos á Hípica Appaloosa!
En dúas xornadas diferentes os alumnos e alumnas das Aulas de Cores recuperamos unha das actividades que máis nos ilusionan: visitamos a Hípica Appaloosa en Marcón e reencontrámonos con Neo, Troya e Moka e co agarimo e amabilidade de Cholo e José.
Acariñamos e peiteamos aos cabalos e subimos ao lombo dos nosos amigos équidos desfrutando tamén da paisaxe da contorna nestes días solleiros de outono.