Limpeza da Praia da Posta

Para despedir a semana, o alumnado das aulas Verde e Azul trasladámonos a praia da Posta, na entrada do centro, para recoller refugallos varios que contaminan o seu ecosistema. 

A actividade forma parte do proxecto co que participamos cada curso en Voz Natura, do xornal A Voz de Galicia, como axentes implicados no coidado e conservación da nosa contorna e do medio ambiente en xeral. 

Constitúe tamén unha tarefa de Aprendizaxe – Servizo, por tratarse dunha proposta que parte da escola  e que combina a aprendizaxe cun servizo á comunidade, ao partires das necesidades reais do contorno co obxectivo de melloralo. 

Deixámosvos unhas fotografías para que vexades o noso traballo.

Comparte esto:

Curso 21/22, Educación Especial, Escola na Rúa, ESO

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023