Sementa perexil en maio e teralo todo o ano
O mes de maio estivo cheo de actividades de mantemento na horta e de poucas plantacións con vistas xa ao final deste curso.
As plantas precisan medrar fortes, por iso lles quitamos as malas herbas que se acomodan ao seu redor, e tamén moita auga para facer frente aos días máis calorosos.
Neste pequeno vídeo presentámosvos un resumo do realizado nas distintas xornadas.