Proxecto Telexornal’19 2ºESO

Durante o 2º trimestre os alumnos de 2º da ESO realizaron, de novo este ano, o proxecto «TELEXORNAL» na materia de Lingua Galega. Realizaron unha serie de actividades, reflectidas nun CANVAS, para a consecución do produto final, consistente na grabación dun telexornal onde se tiña que relatar dúas noticias de actualidade, varias de deportes, unha reportaxe do Camiño de Santiago, o Tempo e algún anuncio de TV. Todas estas noticias foros redactadas polos alumnos, empregando para iso o vocabulario a ortografía e gramática estudada en clase así como os diferentes tipos de textos empregrados para cada caso.


Todas as tarefas que realizaron ata a gravación do noticieiro foron realizadas en traballo cooperativo e en grupos de 8 ou 9 alumnos:

  • Organigrama para distribuír as diferentes funcións e organizar os tempos para cada tarefa. 
  • Guións para cada tipo de noticia. 
  • Investigación sobre o vocabulario necesario para a realización do guión e a elaboración das diferentes actividades do libro de texto do vocabulario sobre «A Administración Pública», «A Igualdade», «O Fútbol e outros deportes», «A Hostelaría», «O Tempo Meteorolóxico» e «A Publicidade». 
  • Revisión dos guións atendendo ás normas ortográficas e gramaticais estudadas para este proxecto e durante o curso. 
  • Ensaio preparatorio para correxir os posibles erros antes de gravar. 
  • Gravación das diferentes noticias coa técnica do Chroma Key.

[su_youtube_advanced url=»https://youtu.be/C2fPmrikzdM» playlist=»https://www.youtube.com/playlist?list=PL5fjZgQ6QO8xtIcftBhDKDD_O88wHohrJ» width=»640″ height=»360″ controls=»alt» theme=»light»]

[su_youtube_advanced url=»https://youtu.be/Xm6jg8FpZOw» playlist=»https://www.youtube.com/playlist?list=PL5fjZgQ6QO8xtIcftBhDKDD_O88wHohrJ» width=»640″ height=»360″ controls=»alt» theme=»light»]

A gravación foi realizada cunha tablet e a montaxe foi realizada coa aplicación iMovie.

Creo que o resultado é máis que satisfactorio. Felicidades rapaces e rapazas pola vosa colaboración, polo voso esforzo  e polo alto nivel de traballo que amosastes. Espero que o pasárades tan ben coma min.

Aínda que todos os alumnos gravaron a súa noticia, non todos pudieron saír no telexornal porque sería demasiado longo, así que deixo algunhas fotos onde saen mentres gravaban diante do fondo verde do chroma antes da montaxe.

Comparte esto:

2 ESO, Curso 18/19, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Trabajos, Vídeos

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023