Proxecto Telexornal’19 2ºESO
Durante o 2º trimestre os alumnos de 2º da ESO realizaron, de novo este ano, o proxecto «TELEXORNAL» na materia de Lingua Galega. Realizaron unha serie de actividades, reflectidas nun CANVAS, para a consecución do produto final, consistente na grabación dun telexornal onde se tiña que relatar dúas noticias de actualidade, varias de deportes, unha reportaxe do Camiño de Santiago, o Tempo e algún anuncio de TV. Todas estas noticias foros redactadas polos alumnos, empregando para iso o vocabulario a ortografía e gramática estudada en clase así como os diferentes tipos de textos empregrados para cada caso.
Todas as tarefas que realizaron ata a gravación do noticieiro foron realizadas en traballo cooperativo e en grupos de 8 ou 9 alumnos:
- Organigrama para distribuír as diferentes funcións e organizar os tempos para cada tarefa.
- Guións para cada tipo de noticia.
- Investigación sobre o vocabulario necesario para a realización do guión e a elaboración das diferentes actividades do libro de texto do vocabulario sobre «A Administración Pública», «A Igualdade», «O Fútbol e outros deportes», «A Hostelaría», «O Tempo Meteorolóxico» e «A Publicidade».
- Revisión dos guións atendendo ás normas ortográficas e gramaticais estudadas para este proxecto e durante o curso.
- Ensaio preparatorio para correxir os posibles erros antes de gravar.
- Gravación das diferentes noticias coa técnica do Chroma Key.
[su_youtube_advanced url=»https://youtu.be/C2fPmrikzdM» playlist=»https://www.youtube.com/playlist?list=PL5fjZgQ6QO8xtIcftBhDKDD_O88wHohrJ» width=»640″ height=»360″ controls=»alt» theme=»light»]
[su_youtube_advanced url=»https://youtu.be/Xm6jg8FpZOw» playlist=»https://www.youtube.com/playlist?list=PL5fjZgQ6QO8xtIcftBhDKDD_O88wHohrJ» width=»640″ height=»360″ controls=»alt» theme=»light»]
A gravación foi realizada cunha tablet e a montaxe foi realizada coa aplicación iMovie.
Creo que o resultado é máis que satisfactorio. Felicidades rapaces e rapazas pola vosa colaboración, polo voso esforzo e polo alto nivel de traballo que amosastes. Espero que o pasárades tan ben coma min.
Aínda que todos os alumnos gravaron a súa noticia, non todos pudieron saír no telexornal porque sería demasiado longo, así que deixo algunhas fotos onde saen mentres gravaban diante do fondo verde do chroma antes da montaxe.
2 ESO, Curso 18/19, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Trabajos, Vídeos