Charlando coa escritora María Reimódez Meilán

Os alumnos de 3º ESO recibiron a visita da escritora María Reimóndez Meilán, autora de «Fóra do normal», libro que están a ler neste terceiro trimestre.
Escritora e doutora en tradución e interpretación María Reimóndez adéntranos no mundo dun grupo de adolescentes con diferentes problemas, onde un deles, André, ten un grande conflito de identidade. Este balerase do mundo dos cómics e da amizade que lle outorgan Mucha, Martín e Xela para conseguir non ter medo e aceptarse como é.Con «Fóra do normal» esta escritora gañou o «Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade». Con esta novela María Reimóndez pretende facer visible a diversidade que existe na nosa realidade e identifica as persoas que non ceden ante os prexuízos de diferentes tipos con heroes e heroínas contemporáneas.
Aquí tedes unha mostra da charla.


