Charla sobre «»A Arte da Palabra Na Cultura Hip-Hop»
Onte os alumnos de 3º ESO puideron gozar dun obradoiro que lles permitiu achegarse á «cultura hip hop», así como iniciarse e afondar no ámbito do rap.
Primeiro, recibiron unha charla que lles permitiu coñecer cales son as orixes desta cultura e posteriormente, traballaron por grupos na elaboración e interpretación das letras creadas por eles mesmos.
Con este obradoiro pretendíase: potenciar o uso da lingua galega por medio do rap, transmitir a comunicación a través da arte da palabra rítmica, activar os alumnos a nivel artístico e cultural e coñecer a cultura hip hop desde unha perspectiva de desenvolvemento. Aquí podemos ver unha mostra do ben que o pasaron e o moito que aprenderon.