Axudas para a adquisición de material escolar Curso 2015/16
ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Requisitos:
- Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
- Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
Lugar e prazo de presentación de solicitudes:
- Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, empregando a solicitude do Anexo I da Orden.
- As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna.
- O prazo de presentación de solicitudes:2 de setembro-01 octubre.
1 ESO, 2 ESO, 3 ESO, 4 ESO, Avisos, Curso 15/16, Educación Especial, Educación Primaria, ESO