Os de Infantil visitamos o M.A.R.C.O.

O pasado 22 de Maio as aulas de 4 anos e a aula amarela realizamos unha excursión ó Museo Marco de Vigo, onde visitamos a exposición Veraneantes.
 
A exposición reúne un conxunto de obras en múltiples formatos e soportes distribuidas por todos os espazo da planta baixa do MARCO, incluindo intervencións específicas en zonas de tránsito de visitantes no interior e no exterior do edificio.

 
Xa no interior puidemos experimentar, tocar e escoitar todo o relacionado coas obras de arte que alí estaban expostas. Aprendimos as diferenzas entre cadros, esculturas e instalacións, ademáis de recoñecer os distintos materiais dos que estaban feitas as obras.
 
 

Tamén puidemos formar parte do museo coa nosa arte. Xa no taller elaboramos as nosas bolboretas que formarán parte da instalación permanente que se atopa no museo.

Queremos dar as grazas as monitoras e traballadores do Museo Marco que tan amena nos fixeron a visita e tan boas explicacións nos deron.

 
 

 
 
 
 
 

 

Comparte esto:

Curso 13/14, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Plástica, Salida Cultural

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023