Os coidados das plantas
Ciencias, Curso 24/25, Educación Especial, Educación Infantil, Voz Natura
Nas últimas sesións do obradoiro de habilidades manipulativas, o alumnado da aula Azul traballou no bordado dunhas bolsas para uso persoal ou como agasallo para as súas familias.
Curso 24/25, Educación Especial, ESO, Polos creativos, Trabajos
Co gallo da Semana da Prensa, celebrada entre os días 10 e 14 de marzo, o alumnado da aula Azul preséntavos algunhas das actividades que desenvolven na aula cada mércores coa entrega do xornal «La Voz de Galicia».
O alumnado de 1º ESO, concienciados da importancia de coidar o patrimonio cultural e natural, recolle e separa os refugallos que atopan durante a súa visita á Illa das Esculturas de Pontevedra.
1 ESO, Curso 24/25, Educación Especial, ESO, Salida Cultural, Voz Natura
Al igual que sus compañeros que este año cursan 3º ESO, el alumnado de 4º ESO y de las aulas de Educación Especial pudo asistir a una videoconferencia con personal de una de las bases que España tiene en la Antártida, la Base Antártica Gabriel de Castilla.
4 ESO, Charla, Ciencias, Curso 24/25, Educación Especial, ESO
O alumnado da aula Azul comeza con moitas ganas os traballos da horta fresando o terreo coa axuda de Javi e transplantando as plantas de allos que sementaron no mes de decembro reutilizando envases de leite. Prepararon a terra co compost feito meses atrás e con cinza obtiva da queima de rastroxos do noso bosque.
Ciencias, Curso 24/25, Educación Especial, Huerta, Trabajos, Voz Natura
As nosas familias participan no concurso de Nacementos e Misterios organizado polo Departamento de Pastoral, como cada decembro.
Para as súas creacións empregan o seu propio corpo e pinturas, cartolinas, fitas, lá, elementos naturais, como piñas, ramas verdes, pauciños ou palla, e reutilizan vasos de café, cubertos de madeira ou caixas de cartón e de ovos.
Nesta edición resultaron gañadores Athenea, Xurxo, Alba e India e as súas familias. Parabéns!
Concursos, Curso 24/25, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Navidad, Voz Natura
Nos obradoiros son moi conscientes da importancia de reutilizar como unha medida que repercute positivamente no medio ambiente.
Nas sesións do obradoiro destas últimas semanas, o alumnado da aula Azul traballou sobre unhas coroas de Advento reutilizando algunhas ramas, recollidas no bosque do colexio trala tempestade, xornais, cartolinas e outros materiais coma silicona e pistola, fitas de cores, estrelas de madeira, botóns ou pompóns.
O alumnado de 3º ESO desprazouse ata Santiago de Compostela para visitar MeteoGalicia, a Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica de Galicia.
3 ESO, Ciencias, Ciencias Sociales, Curso 24/25, Educación Especial, ESO, Salida Cultural