Roteiro Castelao
Os alumnos de 4° ESO realizaron o 21 de abril o «Roteiro Castelao» e visitaron «A sala Castelao» no Museo de Pontevedra.
Puideron deste xeito achegarse en primeira persoa a esta figura literaria tan destacada das ‘Letras Galegas».
Tamén percorreron as rúas pontevedresas, así como as súas prazas, onde descubriron os edificios e a casa que foron habitados por Castelao, así como os diferentes espazos nos que conviviu con outros escritores destacados da nosa literatura.
4 ESO, Curso 25/26, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Salida Cultural
