Ir al contenido principal

O prezo do amencer

O pasado 9 de abril, a alumna Iria García García de 4° ESO foi galardoada co 3° accésit pola súa obra «O prezo do amencer», na modalidade de narrativa no concurso literario, «Premios Literarios Minerva», na súa 54 edición, organizado polo Colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela.

O padriño da edición deste ano foi Armando Requeixo, secretario científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, profesor na USC, investigador e crítico literario; ademais, nos últimos anos exerceu como presidente dos Premios Minerva na categoría de Narrativa.

Durante a cerimonia, os doce gañadores, de varios centros de ensino de toda Galicia (seis premios de Poesía e seis de Narrativa), subíron ao escenario para recoller os seus certificados, os premios en metálico e a medalla conmemorativa do certame. Tamén tiveron a oportunidade de ler fragmentos das súas obras.

É todo un orgullo para nós que a citada alumna recibise este premio, nun dos concursos de literatura xuvenil máis antigos de toda Galicia, no cal foron tamén premiados en edicións anteriores autores galegos tan recoñecidos como: Darío Xohán Cabana, Xesús Rábade, Ánxeles Penas ou Fernando Ónega, entre outros.

Comparte esto:

4 ESO, Concursos, Curso 25/26, Lengua Castellana/Gallega

Aviso sobre Cookies en WordPress por Real Cookie Banner