Ir al contenido principal

Envases sostibles

Os rapaces e rapazas máis pequenos únense aos venres sostibles empregando, por unha banda, envases de varios usos nas súas merendas diarias, e pola outra, mercando un bocadillo durante o recreo cada venres. Desta maneira non só colaboran co medio reducindo os plásticos, senón que participan no proxecto solidario «Tini», en Layo-Perú, unha comunidade indíxena formada por 10 familias en situación de pobreza e anemia severa, que habita nunha localidade moi árida a máis de 4000 metros de altitude.

Esta concienciación esténdese aos maiores de educación infantil, primaria e secundaria.

Comparte esto:

Colecircularidad, Curso 25/26, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Proyecto Solidario, Voz Natura

Aviso sobre Cookies en WordPress por Real Cookie Banner