Ir al contenido principal

DÍA DA TERRA, COIDANDO A NOSA CASA COMÚN

A xornada do 22 de abril adícase a festexar o Día da Terra,  para que todos/as tomemos conciencia da importancia de coidar o noso planeta cada día. 

O alumnado da aula Azul agasalla aos pequenos/as de infantil cuns «planetas plantables» feitos nos obradoiros reutilizando papeis usados. 

Recordan tamén na aula a importancia de reciclar ben os residuos mediante un xogo no que colocan cada despoxo no contedor correcto guiándose pola súa cor. 

Pola súa banda, os compañeiros/as de 2º de Educación Primaria visitan aulas de diferentes niveis para explicarlles algunhas das accións que contribúen ao coidado do medio ambiente e outras que o danan.

Comparte esto:

Ciencias, Curso 24/25, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, Polos creativos, Trabajos, Voz Natura