Ir al contenido principal

Os coidados das plantas

Os coidados das plantas

Os cativos/as de 5º e 6º de Educación Infantil comezarán en breve o seu novo proxecto titulado  «Ecohorto». 

Como motivación inicial visitaron a horta da aula Azul para escoitar os seus coñecementos sobre as ferramentas que usan, as partes, os tipos e as necesidades das plantas, os coidados que precisan e o tipo de alimento que nos proporcionan.

Estiveron moi atentos e desfrutaron das explicacións dos compañeiros/as maiores.

Nunha xornada posterior, aprenderon a plantar exemplares de acelgas reutilizando coma testos os envases de zume ou leite.

Agora tócalles a eles/as coidalas para desfrutalas nunhas semanas no seu plato.

Comparte esto:

Ciencias, Curso 24/25, Educación Especial, Educación Infantil, Voz Natura