Campaña «Un xoguete meu un xoguete para todos”
Dentro do proxecto de ApS Colecircularidade, lévanse a cabo distintas actividades e tarefas que ademais de ensinar contidos das distintas materias fan que tanto os nenos como as familias tomen conciencia do mundo no que viven onde cada vez existe un maior consumismo. Isto faise agrávase máis se cabe nas datas do Nadal onde a compra de agasallos increméntase de maneira exponencial. En contrapartida e xunto coa crise económica e enerxética global na que nos atopamos cunha subida nos prezos, danse cada vez máis casos onde moitas familias non teñen recursos dispoñibles para darlle aos máis pequenos da casa un agasallos nestas datas.
Esta situación que se da tamén na nosa contorna e na nosa comunidade fixo que dende a escola puxéramos en marcha a actividade “Un xoguete meu un xoguete para todos”. Moitos nenos e nenas están cheos de xoguetes que non lle fan caso e acaban no trasteiro ou no fondo dun armario. Esta actividade tivo como obxectivo darlle unha nova vida a aqueles xoguetes que xa non se usan para que outros nenos e nenas continúen gozando do xogo. Por outra banda tamén contribuímos co medio ambiente porque estamos prolongando o tempo de vida útil dun xoguete que doutra banda acabaría no lixo.
A actividade tamén é unha maneira de seguir traballando o concepto de Economía Circular na escola e coas familias. Nesta actividade participou todo o alumnado da escola. Todos os nenos e nenas dende a infantil ata a ESO trouxeron aqueles xoguetes que xa non usan. Os maiores da ESO fixeron un traballo de clasificación dos xoguetes por idade e por temática.
A campaña fíxose en colaboración coa asociación Boa Vida, quen repartiu entre os/as nenos/as menos favorecidos/as da nosa comarca para que nestas datas ningún quedase sen a ilusión que lles provoca un agasallo de Nadal.
ApS, Curso 22/23, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Proyecto