A escola na rúa: Asociación Os Palleiros
O pasado luns día 8, os alumnos/as de 3º de Educación Primaria asistiron a unha charla da asociación Protectora de animais “Os Palleiros”; cunha visita moi especial e totalmente inesperada duns amiguiños peludos de catro patas.
Gloria, da asociación, faloulles do traballo que fan as protectoras e a importancia das mesmas e os rapaces participaron moi ilusionados, facendo todo tipo de preguntas e compartindo experiencias persoais. O máis importante de todo é que aprenderon moitas cousas novas acerca das responsabilidades de ter unha mascota.
Por outro lado, Gloria contoulles sobre a posibilidade de participar de maneira voluntaria nos paseos caninos os martes, xoves e sábados de cada semana. O único que fai falla é ir cunha persoa maior de idade, unha correa e moitas ganas de facer pasar un bo rato aos nosos amiguiños peludos.
A raíz da charla recibida, podemos contarvos, que nesa mesma semana algúns dos alumnos do centro, foron á protectora para pasear aos can. Á semana seguinte, contaron a súa experiencia ao resto de compañeiros de clase.
Esperamos moi ilusionados/as que os nosos amiguiños peludos segan recibindo marabillosas visitas dos nenos/as do Colexio Sagrado Corazón Placeres ao longo do curso.