Chegou a Vendima!!!
Os alumnos das aulas Vermella, Amarela e Laranxa participamos nunha festa e tradición galega propia destas datas: a vendima.
Recollemos as uvas directamente da parra para o capacho. Logo pisámolas cos nosos pés disfrutando e percibindo novas sensacións. Sensacións que a algúns lles fixo rir e a outros calar. Despois colámolas e fixemos unha cata e degustación do noso zume.
A actividade foi un éxito!