O 24 de novembro pasado os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria asistiron a unha charla impartida pola Policía Local do Concello de Pontevedra.
A charla enmárcase dentro dun programa sobre seguridade viaria que se desenvolverá ao longo do curso con distintas actividades.