Traballo a pé de terra
O alumnado da aula Azul comeza con moitas ganas os traballos da horta fresando o terreo coa axuda de Javi e transplantando as plantas de allos que sementaron no mes de decembro reutilizando envases de leite. Prepararon a terra co compost feito meses atrás e con cinza obtiva da queima de rastroxos do noso bosque.
Aproveitaron tamén para recoller laranxas, coas que fixeron zume, e depositar as que estaban en mal estado no composteiro.
Non se olvidaron de reciclar e verteron os «bricks» no contedor amarelo.
Ciencias, Curso 24/25, Educación Especial, Huerta, Trabajos, Voz Natura