Bandexas de cristal

Rematamos o traballo nos obradoiros decorando unhas bandexas de cristal empregando a técnica do pano de papel.
Para facelas precisamos as bandexas, cola branca, panos de papel, pinceis, pegamento en spray, pinturas de cores e verniz.
É un traballo sinxelo, pero delicado e longo.
Así de fermosas lucen xa nas nosas casas para desfrute das nosas familias!