Traballando coa madeira

O alumnado da aula Azul traballou arreo nos obradoiros para decorar unhas caixas de madeira.
Despois de limpar e lixar, pintaron e decoráronas ao seu gusto.
Envolvéronas reutilizando o papel que acompaña ao xornal «La Voz de Galicia» cada mércores.
Agora xa poden gardar as súas xoias e tesouros.