Oh, Julieta, Oh Romeo!!!

Alumnos e alumnas das aulas Verde e Azul celebraron o pasado día do Teatro estreando unha adaptación da obra clásica «Romeo y Julieta», realizada no obradoiro de teatro durante varias sesións.
Este tipo de actividade posibilita unha forma de aprendizaxe lúdica, activa, vivencial e significativa, traballando, ademais, a capacidade empática e o control das propias emocións.