Apadriñando árbores

O alumnado de 3º da ESO realizou unha actividade dentro do proxecto de ApS que estamos realizando na escola. O proxecto de centro chamado Colecircularidade pretende concienciar ao alumnado, ao persoal docente e ás familias sobre a necesidade dun cambio de mentalidade para aproveitar ao máximo os recursos dos que dispoñemos e contribuír a unha menor xeración de residuos para minguar a pegada de carbono.
Para iso, o alumnado subiu ao monte Pituco seguindo o curso da auga ata chegar a unha parcela onde cada alumno apadriñou unha árbore. Ao longo do percorrido os alumnos comprobaron de primeira man as distintas canalizacións que sufre o curso dun río, recollendo mostras de auga en distintos puntos para a súa posterior análise no laboratorio do centro. A partir de aquí a aprendizaxe continúa na escola onde os alumnos calcularán a pegada de carbono tendo en conta o que sostén a súa árbore. Con esta xornada traballamos conceptos curriculares de distintas materias como Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Xeografía e Historia á vez que traballamos a concienciación sobre o medio que nos rodea e os recursos dos que dispoñemos.




3 ESO, ApS, Ciencias, Curso 22/23, ESO