Explicando a Economía Circular aos cativos
Os alumnos de 3º da ESO están organizando unhas xornadas de formación sobre o proxecto de centro «Colecircularidade: educar máis con menos». Para elo están dando charlas de formación a todo o alumnado, dando a coñecer que é a Economía Circular e que está facendo a escola para ser o máis circular posible.
Para os máis pequenos, o alumnado de Educación Infantil, están lendo contos: «la rana de tres ojos», co que están traballando conceptos como a reciclaxe. Deste xeito resulta máis divertido,
Para o alumnado de Educación Primaria, ademáis deste conto, os alumnos de 3º da ESO prepararon diversas presentacións sobre que é a Economía Circular que están expoñendo nas aulas.
Esta é unha maneira de involucrar a todo o alumnado da escola, onde os máis pequenos aprenden dos seus compañeiros maiores e onde os alumnos de estapas superiores, colaboran en educación e concienciación cos máis pequenos.