18 de Maio 2022: Día Internacional dos Museos

Cada 18 de maio festéxase o Día Internacional dos Museos e o alumnado das aulas Verde e Azul non o quixo deixar pasar dada a relevancia que teñen como entidades que adquiren, investigan, conservan, restauran, expoñen e transmiten á sociedade o patrimonio material e inmaterial da humanidade e o medio ambiente.

Desenvolveron diversas actividades durante esta semana para celebralo: búsqueda en internet de pinturas recoñecidas de importantes artistas, coloreado ou reprodución dalgunhas das súas obras, tipos de museos, emocións que lles despertan as pinturas, músicas coas que as relacionan, etc.

Sen dúbida, unha das máis atractivas foi visualizar debuxos e pinturas, realizadas con diferentes materias plásticos, do artista do Grove Miguel Besada, de man da súa filla Isabel.

Invitámosvos ao noso museo!

Comparte esto:

Curso 21/22, Educación Especial, Trabajos

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023