Proxecto de 2º ESO: Meigas Fóra

Este curso, durante todo o primero trimestre, os alumnos de 2º da Eso realizaron un proxecto cooperativo titulado “MEIGAS FÓRA”.
Este proxecto tiña como produto final a elaboración das páxinas dun “Gran Libro” de conxuros, apócemas, seres míticos, obxectos mágicos…, que decoraron dando un aspecto antigo (empregando para tal efecto café ou té e queimando ou rasgando os bordes) e con debuxos para dar unha aparencia máis tenebrosa.
[su_youtube_advanced url=»https://youtu.be/fv5A_0D3Yk0″ width=»640″ height=»360″ controls=»alt» theme=»light»]

Os objetivos que traballamos foron os seguintes:
1. Fomentar a escritura e a comprensión lectora.
2. Potenciar a expresión oral e escrita.
3. Aprender a recoñecer e elaborar distintos tipos de textos:
- Expositivo: Redactar a entrada dunha enciclopedia cuyos protagonistas foron os míticos de Galicia.
- Narrativo: Escribir unha pequena historia relacionada cos personaxes da entrada para a enciclopedia.
- Descritivo: Descrición dun objeto máximo.
- Argumentativo: Redactar unha reclamación e devolución da compra do obxecto máxico.
- Instrutivo: Instruccións para elaborar unha receita para unha apótema de amor ou outras ou outras…
- O teatro: Elaborar o guión para a escena da devolución do obxecto máxico
- A poesía: Crear un caligrama ou poema visual cun enfeitiço ou conjuro.
4. Aprender diferentes aspectos lingüísticos como: as clases de palabras, as regras ortográficas xerais, as maiúsculas, a oración, a acentuación e o acento diacrítico, o suxeito (as oración impersoais), o predicado (as perífrasis verbais ),…5. Adquirir novo vocabulario relacionado co mundo da magia e a mitologia galega6. Fomentar o uso das TIC e o traballo cooperativo e colaborativo na aula.
Como ferramenta motivadora empregamos a gamificación por medio de insignias. Así, segundo os seus logros, recibiron por correo electrónico a insignia correspondente aos puntos obtidos. Había 3 insignias con puntos positivos, supermeiga/o (10p), ayudante de meiga/o (9p), aprendiz de meiga (8p) e 2 que restaban puntos un troll e unha bruxa malvada. De chegaren a conseguir 100 puntos poderían elexir entre varios premios.


AS PÁXINAS INTERIORES
A primeira páxina que incluímos é unha breve a presentación do proxecto e o Índice. A partir de aí, xa fomos introducindo as páxinas cos diferentes tipos de textos entre os separadores de cores elaborados por min.
COMO REALIZAMOS O PROXECTO
En canto decidín comezar, a principios de trimestre, o primeiro que fixen foi presentarlles o proxecto, explicarllo, repartir a cada grupo de 4 componentes o canvas e facer que o leran en voz alta para que apuntaran as dúbidas que xurdiran.


Unha vez lido o canvas e solucionado calquera dúbida sobre o proxecto, tiveron que elaborar o organigrama distribuíndo os días, as tarefas e os roles do equipo cooperativo que ían desempeñar cada un.

Xa organizados, co organigrama cubierto e co compromiso de cumprilo, «atacaron» a parte de vocabulario, ortografía e gramática realizando os exercicios do libro con estratexias de trabajo cooperativo (1, 2, 4; grupo de expertos…)



Para realizar os exercicios e buscar información necesitaron empregar as tablets e o ordenador de clase ou de casa, de non remataren en clase.


Unha vez rematada esta parte, máis ou menos na metade do proxecto, realizaron un control destes contidos, e despois comenzaron a elaborarar a parte de comunicación oral e escrita cos diferentes tipos de textos. As páxinas as prepararon (quemaron os bordes, decoraron con debuxos e as tinguiron con café) en casa e rematáron de escribilas en clase.



Aquí está o CANVAS

e o ORGANIGRAMA.

Estas son as INSIGNIAS que foron recibindo para obter puntos.



