Proxecto Hábitos Saudables: visita dunha farmacéutica

 

Con motivo do proxecto sobre Hábitos Saudables que están realizando os alumnos de cuarto de Educación Primaria, recibimos a visita de Susana Bamonde, familiar dunha alumna e farmacéutica de profesión.

 

Na súa exposición realizada na ampla biblioteca do centro, Susana abordou diferentes aspectos como son a alimentación, a importancia de ler as etiquetas das cousas que mercamos, a hixene, o respecto á natureza, protexerxe do sol, «desconectar» da tecnoloxía para conectar co tempo en familia, coidar o material, sentarse ben, ler moito ou respectar as normas de seguridade. Durante a exposición os alumnos fixeron preguntas que Susana respondeu axeitadamente para que os alumnos aumentaran as súas aprendedizaxes. Agradecer a súa presenza e o seu esforzo para estar hoxe con todos nós. Foi un pracer. 

 

 

  

 
Comparte esto:

4 Ed.Primaria, Actividad Cultural, Charla, Curso 17/18, Educación Primaria

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023