Roteiro Castelao

Este venres os alumnos de 4º ESO puideron gozar do «Roteiro Castelao», unha actividade promovida polo Concello de Pontevedra. Dita actividade consistiu nun itinerario que abrangueu non só parte da zona antiga de Pontevedra, senón tamén algunhas das rúas que configuran esta cidade. 

Levouse a cabo un percorrido pola etapa vital do autor rianxeiro, na que estivo intimamente vinculado a Pontevedra. Ademais incluíu a visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra, onde puideron contemplar non só parte da súa produción literaria, senón tamén os seus debuxos e pinturas, así como algúns obxectos persoais deste autor.

O percorrido comezou na praza da Ferrería, continuou pola rúa Pasantería, praza da Leña, rúa Sarmiento, rúa Arcos de San Bartolomeu, Museo de Pontevedra, rúa e praza da Pedreira, rúa César Boente, praza de Méndez Núñez, Rúa Real, rúa Sabela II, praza das Cinco Rúas, rúa Princesa, rúa Duque de Tetúan, rúa Dona Tareixa e rematou na praza de Santa María, onde hai unha estatua adicada a Castelao.

Os nosos alumnos non só coñeceron de maneira máis exhaustiva a vida e obra de Castelao, senón tamén a historia das rúas, das prazas e de moitos dos edificios desta fermosa cidade, chea de curiosidades.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
  
 
Comparte esto:

4 ESO, Actividad Cultural, Curso 16/17, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Salida Cultural

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023