Proxecto Camiño de Santiago

Durante este trimestre os alumnos de 3º ESO A e B estiveron traballando de forma cooperativa para desenvolver o proxecto «O camiño de Santiago» desde Tui e desde Oporto.

Dividíronse en grupos de tres e cada grupo tiña que buscar información sobre os quilómetros que hai que percorrer para facelo, por que localidades se pasa, en cantas etapas se pode realizar, onde se poden atopar albergues, que monumentos se poden coñecer ao longo do camiño e que tempo se necesita para percorrelo.

Despois de recompilar a información tiñan que plasmala por escrito en diferentes materiais e acompañala de imaxes. Todo isto ademais dunha maneira creativa.

Finalmente fixemos unha exposición dos diferentes traballos.

Aquí tedes unhas cantas fotos que amosan o resultado final.

   

 

 {jcomments on}

 

Comparte esto:

3 ESO, Curso 15/16, Lengua Castellana/Gallega, Trabajos

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023