Skip to main content

Parabéns polo excelente traballo!

Premio Caderno de Campo Prensa Escola

O alumnado da aula Azul, igual que os séus compañeiros de 3º ESO, resultou gañadora no concurso Caderno de Campo – Xornalistas Naturais, pertencente ao programa Prensa-Escola do xornal «A Voz de Galicia».

Despois de observar e investigar a contorna do centro dende o 8 de xaneiro ata o 7 de maio, plasmaron nun caderno de campo os seus resultados en canto a flora e fauna autóctonas. Completaron o seu traballo con fotografías que ilustran o paso do tempo, adiviñas, poesías, debuxos, curiosidades, fichas técnicas de cada especie e rexistros climatolóxicos en canto a tempo atmosférico e temperatura no exterior.

Empregaron como ferramentas o computador, a tableta, lapis de cores, papeis, guías físicas e en liña, libros, contos, cámara fotográfica, teléfonos móbiles e o xornal da Voz que reciben cada mércores na aula. 

O resultado: un caderno de 136 páxinas que lles permitiu proclamalos como vencedores na súa categoría. 

Compartimos con todos vos a reportaxe fotográfica destes rapaces traballando e da entrega de galardóns en Santiago de Compostela o venres 14 de xuño.

Comparte esto:

3 ESO, Concursos, Curso 24/25, Educación Especial, ESO