Ir al contenido principal

Mantendo viva a tradición

Na véspera de San Xoán, o 23 de xuño, é tradición preparar o cacho con distintas herbas aromáticas que se deixan en auga durante a noite para lavar a cara na mañá do día 24.

Previo a preparación nas súas casas, os nenos e nenas de Educación Infantil participaron na xa tradicional  degustación táctil e olfativa recoñecendo as distintas herbas coa sabiduría de don Pablo e Don Manolo na súa presentación: herba luísa, fiúncho, menta, romeu, xesta,  malva, estalote, chopo, follas de limoeiro e laranxeira e vide.

A través desta actividade, os máis cativos/as achegáronse dunha maneira lúdica e vivencial a unha das tradicións máis arraigadas da nosa cultura.

Transmitir e manter vivas estas tradicións desde idades temperás é fundamental para que os nenos e nenas coñezan, valoren e respecten o patrimonio cultural propio, fortalecendo así a súa identidade e o sentimento de pertenza á comunidade, contribuíndo a que as nosas costumes e saberes populares continúen pasando de xeración en xeración.

Comparte esto:

Curso 25/26, Educación Infantil, Voz Natura

Aviso sobre Cookies en WordPress por Real Cookie Banner