En directo coa Antártida
O alumnado de 2º ESO realiza unha videochamada con membros da Base Antártica Gabriel de Castilla, despregada na Illa Decepción (Antártida), co obxectivo de coñecer en profundidade a súa labor durante os 3 meses que dura a campaña.
Nesta edicion número XXXIX, o Exército de Terra opera na illa dende o 19 de decembro e manterase nesas xélidas terras ata finais de marzo, aproveitando o verán austral, desenvolvendo diferentes.proxectos de investigación científica.
Previo á sesión, os alumnos e alumnas apadriñan simbólicamente algunha especie de pingüín ou outro animal autóctono, coma focas de Weddell, focas cangrexeiras, lobos mariños ou elefantes mariños do sur, novidade desta campaña. Como recordo do apadriñamento, reciben no seu correo electrónico un diploma conmemorativo polo seu compromiso.
Un pequeno xesto polo medio ambiente!