Ir al contenido principal

Gala de Premios Prensa -Escola e Voz Natura

O 12 de xuño, o alumnado da aula Azul desprazouse ata o Auditorio Abanca, en Santiago de Compostela, para recoller o diploma como gañadores, na súa categoría, do concurso «Caderno de Campo – Xornalistas Naturais».

Compatiron salón cos case 500 alumnos/as e mestres premiados nos diferentes concursos promovidos polo xornal «A Voz de Galicia» e a Fundación Santiago Rey Fernández – Latorre. 

Gozaron dunha xornada entre «amigos/as» do medio ambiente no que non faltou a música a cargo do grupo «Isto é rock» .

Premio Xornalisas Naturais - Caderno de Campo

Comparte esto:

Ciencias, Concursos, Curso 24/25, Educación Especial

Aviso sobre Cookies en WordPress por Real Cookie Banner