Ir al contenido principal

Apúntaste á compostaxe?

O alumnado de 6º de Educación Primaria desenvolve al longo do curso un proxecto sobre compostaxe escolar, asumindo a responsabilidade de recoller os residuos orgánicos de todos os cursos de Educación Primaria.

Esta tarefa realízana nos recreos, revisando o contido dos recipientes destinados ao compost.

Durante esta experiencia os nenos e nenas detectaron algúns problemas recorrentes, como a aparición de restos non compostables entre os residuos orgánicos, coma plásticos ou envases, ou bolsas colocadas nos cubos, retardando así a súa labor.

Co obxectivo de mellorar a implicación do alumnado e promover unha correcta separación de residuos, o grupo decidiu levar a cabo un proxecto de sensibilización e educación ambiental.

Prepararon unha presentación divulgativa adaptada por niveis educativos, que expuxeron nas aulas de infantil e primaria. 

Nela explicaban que é o compost, que materias se poden, e non se poden, compostar, ademais de ofrecer consellos prácticos para un bo uso dos contedores.

Esta actividade permitiulles non só afondar nos contidos científicos, senón tamén desenvolver habilidades comunicativas, traballo en equipo e unha actitude activa e responsable fronte ao coidado do medio ambiente.

Comparte esto:

6 Ed.Primaria, Ciencias, Curso 24/25, Educación Primaria, Voz Natura