Gaiteiros en busca dun tesouro
O día 4 de abril os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria, desprazámonos até o teatro afundación de Abanca para asistir a unha obra de teatro. Na obra coñecimos a Moura a gardiá da cova, quen axuda a Xurxo para se liberar das mentiras e os enganos da malvada Serpe e dalle as pistas para descifrar os enigmas e así superar as probas para atopar o tesouro, A LINGUA.
Música en directo, lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns e seres mitolóxicos conforman a senda que nos levou a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se o compartimos e o respectamos.
3 Ed.Primaria, 4 Ed.Primaria, Actividad Cultural, Curso 17/18, Educación Primaria, Salida Cultural