Visita á Casa Grande de Xanceda, Mesía e a Área Recreativa de Visantoña
Os alumnos de 6º de Educación Primaria xunto aos alumnos da aula verde de Educación Especial, visitaron no día de hoxe a Casa Grande de Xanceda. Esta granxa situada no concello de Mesía, traballa dende hai 40 anos na produción de leite; dende hai 10 traballa con certificado de produtos ecolóxicos e dende hai 4 anos fai un iogur ecolóxico 0% que moitos dos rapaces xa coñecían dalgúns supermercados da zona onde viven. Ademais conta con numerosos atractivos que comentaremos:
Ás 9:15 da mañá partimos do noso colexio camiño de Xanceda. Hora e media de autobús e chegada á granxa no medio dunha paraxe case idílica onde a natureza mestura prados extensos e coidados, ausencia de contaminación, ríos e animais; moitos animais. Comezamos nunha sala coa proxección dun vídeo introdutorio onde se facía un percorrido polo mundo da agricultura ecolóxica, dos beneficios desta para a saúde – fundamentalmente nos alimentos – e dos procesos que se levan a cabo na granxa.
Dividimos en dous grupos con cadansúa monitora, abandonamos a sala para comezar a visita polos diferentes e abondosos lugares da granxa. Así no Eco Zoo os alumnos puideron ter contacto directo cos animais: cabras, ovellas, ponis, porcos e galiñas … Na Eco Horta vimos os prados e os lugares de plantación máis importantes da granxa onde se alberga un invernadoiro.
Moi entretido resultou o Vaca Rodeo, onde puideron facer carreiras de mini tractores ademais de gozar doutros atractivos.No Mini Establo puideron darlle o biberón aos becerros e ver outras vacas máis maiores. Ao mesmo tempo rastrexaron a palla para achegala ao lugar onde comen as vacas simulando o traballo dos gandeiros.
Nos diferentes desprazamentos podían ollar o extenso terreo que as preto de 400 vacas teñen para o proveito así como o coidado dos prados onde non existen os famosos pesticidas e todo se traballa en base a unha agricultura ecolóxica e saudable.
O percorrido proseguiu polo resto de establos ata chegar ao lugar onde se realizan os iogures e demais produtos lácteos da Casa Grande de Xanceda. Tras unha breve explicación regresaron á sala inicial e degustaron os iogures. Ademais recibiron algún agasallo de recordo. Xa para concluír os que quixeron visitaron a Tenda onde se poden adquirir calquera dos produtos da granxa. Todo isto nun enclave único a carón da Casa Grande de Xanceda, unha casa do século XIII.
Coa tristura de ter que marchar e deixando a granxa atrás, dirixímonos a área recreativa das Brañas de Valga en Visantoña, concello de Mesía. Esta área, a tan só 7km da granxa, agardábanos con outro enclave fermoso e extenso. Neste lugar había unha antiga barreira da que se extraía barro para a elaboración de tellas e ladrillos. Agora rehabilitouse nunha fermosa lagoa onde existen diferentes especies de flora e fauna. Hoxe por hoxe é un lugar de esparexemento e ocio. Nel atópanse tamén as Aulas de Natureza e o Museo Etnográfico ademais do Local Social, un parque infantil e un parque biosaludable. Todo cinguido con extensos sendeiros que percorren o contorno do lugar e un merendeiro onde fixemos o xantar do día.A carón estaba o campo de fútbol do Vilasantar, un campo de herba sintética onde os nenos puideron xogar ao fútbol.
Para rematar este día redondo onde ata o tempo acompañou recibimos a visita do escritor e músico Baldomero Iglesias ao que os nenos, que previamente traballaran as súas letras e músicas, puideron facer preguntas e deixar un retracto para o recordo. Agradecemos esta visita que nos fai e a súa xenerosidade con todos nós.Xa ás 17:00h chegamos ao noso cole co cansazo de costume pero tamén coa sensación de voar neste día cargado de atractivos e emocións. Esta era a primeira vez que os alumnos do noso colexio visitaban A Casa Grande de Xanceda e dende logo que non será a derradeira polo bo sabor que nos deixou.
{jcomments on}
6 Ed.Primaria, Axenda21, Ciencias, Curso 14/15, Salida Cultural, Voz Natura
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)