Ir al contenido principal

Limpeza do noso patio

A Patrulla Verde de 3º de Educación Primaria foi a encargada das tarefas de limpeza do patio nesta xornada matinal, despois de suspendela  en varias ocasións polo mal tempo das semanas pasadas.

O vento e as choivas foron os responsables da acumulación de refugallos no exterior do colexio, aos que lle deron boa conta os rapaces e rapazas traballando arreo durante unha hora, protexidos con luvas de tea.

Comparte esto:

3 Ed.Primaria, Curso 25/26, Educación Primaria, Voz Natura

Aviso sobre Cookies en WordPress por Real Cookie Banner