Visita á Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas-Terras de Mandeo
O alumnado da aula Azul desprazouse ata A Coruña para desfrutar do seu premio como gañadores da 1ª Edición do concurso «Caderno de campo-xornalistas naturais», do programa prensa-escola do xornal A Voz de Galicia.
O premio consistía nunha visita guiada pola Reserva Mariñas Coruñesas-Terras de Mandeo.
Nun primeiro momento escoitamos as explicacións de Nicolás, guía da reserva, visionamos uns vídeos e manipulamos diferentes mostras naturais.
Rematada esta sesión na aula achegámonos ao encoro para contemplar a paisaxe e diversas aves, coma gaivotas, corvos, cirrios comúns, gansos, chascos comúns, porróns moñudos ou somormujos lavancos. Empreganos tamén prismáticos e o telescopio para non molestalas.
Deixámosvos unhas fotografías da xornada.