Proxecto «Caderno de Campo» para o concurso de Prensaescuela da Voz de Galicia
Este ano as dúas clases de 1º da ESO participaron no concurso de Prensaescuela «Caderno de Campo» da Voz de Galicia. No proxecto interviron principalmente as materias de Lingua Galega, Ed. Plástica e Visual e Bioloxía e Xeoloxía. Como en lingua galega estabamos a dar o vocabulario dos animais (insectos, animais domésticos e paxaros) decidimos facer o caderno de campo cos animais que vemos a cotío na nosa contorna, as aves mariñas. Ademais do vocabulario traballaron algo de ortografía, gramática e varios tipos de textos, sobre todo os textos descritivos e xornalísticos.
Fixemos varias observacións en directo das aves; dende a pasarela de madeira que está preto do colexio, dende a praia do Cabo e dende o propio colexio (ventás das aulas, cando ía mal tempo, e patio do recreo).
Na 1ª saída á pasarela de madeira o profesor de Bioloxía e Xeoloxía, equipado con varios prismáticos, acompañounos para recoñecer e darlles a información necesaria sobre cada ave. de cada ave. Realizaron ademais o deseño da portada e contraportada na materia de Ed. Plástica e Visual.
Tivemos a sorte de que o día era solleiro e había moitísimas aves; gaivotas choronas, gaivotas patiamarelas, corvos mariños, cinco virapedras, un pilro, algunha garceta, unha garza e un cullereiro.
Ao longo do segundo trimestre foron elaborando as páxinas para o caderno na aplicación CANVA, nas que incluíron ademais da descrición de cada ave, fotografías, debuxos, poemas, refráns, datos curiosos, o mapa de poboación, os meses de observación e asameazas e conservación
Traballaron moito e ben, e espero que aprenderan, non só a recoñecer estas maravillosas aves que nos acompañan día a día no colexio, senón a valorar a súa importancia dentro do noso ecosistema e sobre todo a respectalas coma o grande tesouro que son.
Deixo aquí debaixo parte dos cadernos (12 das 24 páxinas) que elaboraron @s alumn@s de 1º A e 1º B:
1 ESO, Curso 22/23, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Trabajos