¡¡¡Sorpresa!!!
.jpeg)
Hoxe desfrutamos dunha gran experiencia na aula. Despois de case un mes acompañando o proceso de crecemento dunha larva de Papilio Machaon, comprobramos, en primeira persoa, a maxia da natureza.
Chegamos a aula ás nove da mañá e, como cada día, dirixímonos a ver a nosa crisálide de bolboreta. Para a nosa sorpresa xa non era verde, senón que estaba algo máis escura e transparente. En 15 minutos xa estaba ceibe, fóra da crisálide, estirando e encollendo a súa lingua en espiral tan chamativa, movendo lentamente as ás, con moito esforzo. Levoulle cinco horas comezar a dar pequeniños voos! Alternou tempos de descanso con curtos e rápidos aleteos e pequenos paseos en busca do sol.
Sen dúdica, unha gran experiencia, agasallo da natureza.
Deixámosvos unhas fotos para que desfrutedes do seu ciclo vital.
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)