Viaxe a Compostela
Este 7 de novembro os alumnos/as da aula Verde e 2º ESO viaxaron ata Santiago de Compostela. Desfrutaron da obra teatral «Curva España», de Chévere, no Auditorio de Galicia. Ao seu remate entraron no Pazo de Xelmírez e, despois de subir moitos chanzos, chegaron ás cubertas da Catedral Compostelana, visitaron os tellados e gozaron de preto das torres, da praza do Obradoiro e das vistas da cidade.
Para rematar pasearon polo claustro do pazo e contemplaron a colección permanente do Museo da Catedral.
Despedíronse da capital despois de conversar co alcalde da cidade Xosé Antonio Sánchez Bugallo.
2 ESO, Curso 22/23, Educación Especial, ESO, Salida Cultural