Aí ven o maio. #EducacionEspecial

As aulas de cores celebramos a Festa dos Maios neste ano de poucas festas. 

Gústanos a natureza e como saberedes temos unha pequena horta e un xardín que nos da traballo, pero tamén alegrías cando chega a colleita  e a primavera coas súas flores.

Investigamos sobre a festa e atopámonos con que na Praza da Ferrería celébrase a Festa dos Maios, unha tradición ancestral que Pontevedra conseguiu manter viva coma nós no colexio, porque este ano, a pesares da pandemia, cantamos o maio en pequenos grupos burbulla.

Uns fixemos colares, debuxamos ou escribimos sobre a festa  e outros estivemos co fiuncho, as xestas e as calas. Compuxemos tamén un maio de papel e cantamos coplas petando coas claves darredor.

Buscamos música para porlle ao noso vídeo e atopámonos cunhas mulleres que nos abraiaron, do grupo «Habelas Hainas. Como a mestra xa as coñecía escribímoslle un correo pedíndolles autorización para utilizala. Aceptaron e aí tedes o resultado!

Podedes cantar con nós!

Comparte esto:

Celebraciones, Curso 20/21, Educación Especial

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023