Celebrando o noso Maio

A chegada do mes de maio é unha explosión de cor e aromas de primavera. A festa dos Maios pregoa a vida que volve a brotar chea de ledicia. Algo que sempre temos que celebrar dende ben pequenos. É por iso que en Educación Infantil e nos primeiros cursos de Educación Primaria disfrutámola dende o primeiro momento, colleitando en familia o fiuncho, os pampullos, levando ó colexio laranxiñas e ovos baleiros.

En cada clase imos preparando todos os adornos para que o noso Maio sexa tan fermoso como pequeniño. Nunha festa coma esta non pode faltar a música, que lle pomos ó cantar as coplas en grupo e levando moi ben o ritmo. Feliz Maio a todos.

Comparte esto:

1 Ed.Primaria, 2 Ed.Primaria, Celebraciones, Curso 18/19, Educación Infantil, Educación Primaria

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023