Educación Primaria na Praza de Abastos
O pasado mércores os nenos/as de primeiro e dous nenos da aula amarela visitamos a praza de abastos de Pontevedra, donde coñecemos qué se vende neste mercado e donde atopar os diferentes productos frescos e saudabres para a nosa alimentación.
Unha vez dentro unha guía explicounos o percorrido.
Primeiro paramos na peixería para distinguir os distintos peixes que comemos a miúdo nas nosas casas; aínda que sin dúbida o que máis lles chamou a atención foi un peixe espada.
Logo paramos na floristería onde había todo tipo de flores para centros e ramos.
A continuación miramos a través do mostrador dunha carnicería e distinguimos as diferentes carnes, comprendendo que cada carne ten unha cor e sabor diferente.
Por último visitamos a froitería e alí atopamos unha gran variedade de froitas e vexetais. Os nenos/as recoñeceron todas elas!
Para finalizar a visita participamos nun concurso de debuxo e os alumnos/as debuxaron o que máis lles gustara da visita.
Ademáis, regaláronnos un globo e unha piruleta polo que resultou unha visita educativa e de lecer.
{jcomments on}
1 Ed.Primaria, Actividad Cultural, Curso 14/15, Educación Primaria, Salida Cultural